jueves, 21 de octubre de 2010

ENCONTROS LINGÜÍSTICOS

O IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais persegue accións conxuntas a prol da lingua galega

Xornal de Galicia | Miércoles, 20 Octubre, 2010 - 03:33

"Está nas mans de todos estender o galego a toda a sociedade e facer que sexa unha lingua máis viva e máis útil". É un dos obxectivos mencionados no V Encontro de política lingüística desde as administracións locais que arrincou hoxe no Pazo da Cultura carballés Así o expresou o deputado responsable da Comisión de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande, que estivo acompañado na apertura deste encontro polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e polo presidente da CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua). É a primeira ocasión en que estas xornadas abandonan o Pazo de Mariñán para emprender un percorrido polas distintas comarcas da provincia, comezando pola de Bergantiños, para "achegar máis a cita aos distintos concellos que participan", explica Sande, como un xeito de "propiciar un auténtico traballo en rede". Á cita asistiron representantes duns 40 concellos da provincia da Coruña, coa especial colaboración dos concellos da comarca que contan con servizo de normalización lingüística, que son Cabana, Carballo, Malpica, Ponteceso e Zas.

Trala apertura, comezou a primeira das mesas de debate do encontro, cos alcaldes de Ponteceso, Malpica de Bergantiños e Zas, o popular José Luís Fondo Aguiar, o socialista José Ramón Varela Rey e o nacionalista Manuel Muíño Espasandín, que falaron sobre a normalización lingüística no ámbito comarcal moderados pola xornalista (e actriz) Comba Campoy.
Varela, Fondo e Muíño comentaron a situación da normalización nos seus concellos, subliñando o feito de que en calquera deles todos os trámites e a atención ao público se realiza en galego, ou sinalando problemáticas como o feito de que o castelán aínda estea reservado, nalgúns casos, para empregalo nas administracións públicas e fóra do ámbito cotián. O programa continúa todo o día cunha mesa sobre a procura da implicación no proceso de normalización lingüística de empresas e asociacións desde os concellos. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, ten lugar un encontro sobre o papel das administracións locais no ámbito do ensino e as posibilidades de colaboración e intervención. Este encontro estará guiado polas profesoras Luísa V. Segade, do IES Agra de Leborís, da Laracha, e Mercedes Queixas, do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, ambas pertencentes á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. A xornada remata cun resumo e conclusións ben especiais e retranqueiras, feitas a modo de disputa regueifeira humorística por Luís O'Caruncho e Bieito Lobariñas".

NOTA: A fotografía superior non corresponde á reportaxe do xornal.

Cando "goçe" de tempo farei o comentario deste encontro, no que tiven ocasión de participar nas sesións da mañá. Referireivos incribles paradoxas e un comentario-anecdotario constructivo.

Direi polo momento que o máis radical no seu posicionamento foi o Alcalde do PSOE (Concello de Malpica), chegando a propostas simplemente inconstitucionales e atentatorias contra os dereitos humanos, como pretender que os funcionarios na comunicación oral interna obrigatoriamente utilicen o galego ou que os comercios rotulen obrigatoriamente en galego.


Curiosamente, o Alcalde do PP (Concello de Ponteceso) foi o primeiro que puxo en marcha o servicio de normalización, a finais dos oitenta, e o único que ten a praza creada en plantilla e ocupada por unha funcionaria de carreira. Manten unha postura de decidida aposta por impulsar o uso do galego, dentro do respeto á Constitución.


E curiosamente tamén, o Alcalde do BNG manifestou a postura menos radical e máis tolerante, recalcando unha e outra vez que hai que evitar a toda costa a imposición, e moito menos que a lingüa sexa un obstáculo inicial para acceder a un traballo. E ságbeo moi ben pola experiencia dos sudamericanos que se achegan ó seu Concello, hoxendía imprescindibles para manter a actividade pesqueira, que se adaptan progresivamente sen problema de ningún tipo.

"Sorpresas te da la vida".


Non puden compartir o xantar inicialmente programado dentro dos encontros no mesmo restaurante do Pazo da cultura, porque un vello amigo precisaba o meu consello e non atopamos mellor momento que a hora de Xantar, en Casa Ríos de Xesteda, un belido reencontro coa miña etapa de Secretario de Cerceda.