lunes, 29 de abril de 2013

CAMIÑOS PÚBLICOS (DICHOSOS...)


Soe acontecer aos habilitados estatais que cando chegan a prestar os seus servizos a un novo destino, atopan un fato de procedementos inconclusos e moitos deles "enquistados" debido a un enfoque inadecuado no seu inicio, xeralmente por un común afán de resolvelos canto antes.

Afirmaba o profesor Chacón Ortega que cando se toma o tempo necesario nas actuacións preparatorias dos procedementos administrativos estase a garantir unha instrucción ordenada e unha eficaz resolución, de xeito que non teñamos que volver atrás no camiño que cabalmente trazamos cando se tomóu a decisión de incoar o expediente. A miña experiencia persoal demostroume unha e outra vez o acertado do aserto anterior.

Un deses procedementos "enquistados", que atopei no segundo ano tras incorporarme a este posto de traballo, versaba sobre unha presunta usurpación ou perturbación dun suposto camiño de concentración parcelaria, supostamente de titularidade municipal, ó que se lle engadían as dúbidas razonables de ubicarse na zona de dominio público do ferrocarril, administrado polo Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF). As primeiras actuacións versaban de 2002 e o asunto, sen resolver, chegou ó meu coñecemento no ano 2009. Tras unha serie de investigacións e a necesaria, anque insegura, ordenación documental, cruzouse no meu camiño unha queixa formulada polo interesado diante do Valedor do Pobo, que foi preciso resolver, conforme á lexislación que rexe o funcionamento desta Institución da nosa comunidade autónoma.

O Alcalde encargou ó Secretario a elaboración dun informe que permitira establecer o estado de cousas e as propostas de actuacións futuras. Redactado tal informe, foi remitido ó Valedor do Pobo. Nos días seguintes, confirmouse persoalmente a recepción do mesmo e fun felicitado persoalmente de forma expresa por un dos Letrados Asesores da institución, quen me manifestou literalmente "hace muchos años que no veo un informe municipal tan bien redactado". Felicitación que, como cabe supoñer, me produce -humildemente- un grande orgullo e a sensación de que o traballo dos Secretarios dos pequenos Concellos é indudablemente gratificante; o recoñecemento expreso da nosa entrega profesional e a nosa vontade de facer as cousas o mellor posible en beneficio do interés xeral, conciliándoo na medida do posible cos lexítimos intereses das persoas, máis alá de calesquera formalismos, é como o aplauso para os artistas.

Na medida en que poida resultar de algunha utilidade a calesquera compañeiros/as e profesionais en xeral, reproduzo o citado informe, desprovisto de referencias personais ou de identificación da propiedade, que carecen de interés ós efectos desta publicación.




INFORME

Queixa formulada por D. M. ante o Valedor do Pobo relativa a posible invasión do camiño de acceso a súa propiedade.

Ref. Expte. Valedor: ------------



CELESTINO J. AMIGO, Secretario do Concello de Oza dos Ríos, conforme ó preceptuado no artigo 3.a do Real Decreto 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se regula o réxime xurídico dos Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter de carácter nacional (estatal) e demáis disposicións normativas concordantes, emito o presente informe, con base nos antecedentes e consideracións xurídicas que seguidamente se expoñen.


ANTECEDENTES:


1.- Relativos ó procedemento concreto obxecto da queixa:

O 29 de xuño de 2002 rexístrase no Concello de Oza dos Ríos escrito de D. M., en calidade de propietario da parcela rústica xxx, segregada da finca número xx do plano xeral de concentración parcelaria de Mondoi-Porzomillos. Manifesta que o propietario da parcela colindante (número yy) realizou plantacións e cerramento perimetral que, según parece, invaden o camiño de acceso á finca do comparecente. Solicita que os servizos técnicos do Concello comproben a presunta invasión do camiño.


O 12 de xullo de 2002, o Alcalde dicta resolución pola que da por rematado o expediente de reposición da legalidade de plantacións realizadas na finca número yyy de concentración parcelaria sita en Fraga, Mondoi-Porzomillos e que se proceda ó seu arquivo, baseándose no informe técnico emitido o 10 de xullo de 2002, no que se conclúe: 1) existe unha plantación de eucaliptos a unha distancia de 2,80 metros do borde do camiño; 2) a distancia de plantación ó eixe do camiño é de 4,40 metros; 3) as fincas coas que linda son terreos agrícolas; 4) debido á antigüidade coa que conta a plantación de eucaliptos, non poderá actuarse sobre eles posto que se trata dunha plantación anterior á publicación da "ordenanza reguladora de plantación e tala de arbolado", ordenanza que entrou en vigor o 26 de xaneiro de 2001. A citada resolución notificouselle ó interesado con expresión dos recursos que contra a mesma proceden, conforme ó réxime sinalado polos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Mediante oficio do Alcalde número 944, do 15 de xullo de 2002, remíteselle ó interesado informe do Arquitecto Técnico Municipal datado o 10 de xullo de 2002, no que se ponde manifesto o seguinte: 1) compróbase a existencia dun camiño de ancho medio de 3,25 metros no que se observa a existencia de estacas de madeira a unha marxe do camiño e de estacas de formigón e fío de arame na outra beira; 2) posto que se trata dun camiño de servizo, deberán as propiedades afectadas realizar o deslinde para proceder ó replanteo do camiño e igualmente, por encontrarse as obras dentro do dominio público do ferrocarril deberá solicitarse autorización ó órgano administrativo competente; 3) unha vez deslindado o camiño de serventío, así como fixada a distancia por RENFE, informarase ó respecto da legalidade ou non das mesmas, previa solicitude de licenza polo interesado.
Mediante escrito rexistrado o 29 de outubro de 2002, comparece D. M. e, tras unha serie de consideracións na que amosa a súa discrepancia con informes técnicos e reoslución do Alcalde anteriormente citada, solicita a revisión dos labores, tanto de tipo forestal como de peche perimetral, levadas a cabo polo propietario da parcela yyy, por se poideran afectar ó camiño público que discurre a carón desa parcela.

Mediante escrito rexistrado o 10 de marzo de 2004 comparece novamente o interesado polo que pon de manifesto as dificultades de acceso a súa propiedade e reitera a petición formulada en escritos anteriores.

O 1 de febreiro de 2006, o Alcalde dicta resolución pola que acorda proceder ó arquivo do expediente por carecer o concello de competencias para a adopción de medidas de reposición da legalidade en relación cos feitos obxecto de denuncia, facendo saber ó denunciante que a competencia para resolver as cuestións que prantexa no seu escrito corresponde á Administración do Estado, debendo dirixirse a tal efecto ó Administrador de infraestructuras Ferroviarias. Fundaméntase no establecido no artigo 13 da Lei 39/2003 do Sector Ferroviario, como conclusión de sendos informe emitidos a petición do Concello pola Consellería de Política Agroalimentaria e o Administrador de infraestructuras Ferroviarias (ADIF), que en síntese afirman o seguinte:

a) Informe do 15 de abril de 2003, do Servicio Xurídico Administrativo da Delegación Provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.- Conclúe que <"El carácter de camino público que viene determinado en el título de propiedad tiene unas características determinadas por la legislación: son de servicio público (y por consiguiente de acceso a las fincas con las que lindan). Son de dominio público y las competencias de gestión, conservación y policía es municipal. Son caminos que en su día fueron entregados por la Administración al Ayuntamiento de Oza dos Ríos mediante un Acta de entrega y recepción por las partes "[sic]>. Achega folla de características de reemplazo e copia parcial do plano parcelario.

b) Informe do ADIF (Delegación de Patrimonio e Urbanismo de Asturias e Galicia), do 27 de maio de 2005.- Informa que os terreos de ADIF (antes Renfe), no punto referido lindarían coa finca yyy, encontrándose o camiño ubicado nos seus terreos. En canto á condición, trátase dun camiño de servicio.

Esta resolución, xunto cos informes referidos e o concordante dos servizos técnicos municipais, foille notificada ó interesado (R.S. nº 159, do 9 de febreiro de 2006) con expresión dos recursos procedentes, conforme ó réxime que se contén nos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O 30 de xuño de 2008 rexístrase no Concello un escrito de D. M. mediante o que aporta unha comunicación da Delegación de Patrimonio e Urbanismo de Asturias e Galicia do ADIF, datada o 9 de xuño de 2008, que pon de manifesto o seguinte: "tras un nuevo replanteo de nuestros límites en la zona, y después de comprobar que por un error en las referencias tomadas en el primero, hemos llegado a la conclusión de que el camino en cuestión no es titularidad del ADIF, si bien se encuentra dentro de la zona de dominio público ferroviario, que viene definida en el artículo 13 de la Ley 39/2003, de 17 de noviembre, del Sector Ferroviario..." Solicita o Sr. M. que sexa retomada e todos os seus termos a reclamación que se plantexaba no escrito de 29/06/02 (rexistro de entrada 817) posteriormente reiterado en escrito do 29/10/2002.

O 16 de setembro de 2009 rexístrase o último escrito do interesado, solicitando que á vista do documento novo aportado (comunicación do ADIF do 9 de xuño de 2008) se proceda a revisar o actuado, dictando as resolucións que conforme a dereito procedan.

2. Procedementos conexos instruidos neste Concello.

Mediante escrito rexistrado co número 1.565, o 29 de novembro de 2011, D. C., Dª J., D. A. e D. M., copropietarios da finca número xx do plano de concentración parcelaria de Mondoi-Porzomillos, por herencia do titular, D. R., solicitan a segregación da citada finca en tres parcelas conforme ás descripcións e planos que aportan á solicitude.

Instruido o procedemento conforme á normativa de aplicación, a petición foi resolta mediante acordo do 14 de decembro de 2001 pola Comisión de Goberno do Concello, polo que se declara a innecesariedade de outorgamento de licencia para a segregación pretendida, conforme ó informe do Arquitecto Técnico Municipal, do seguinte tenor literal: 1º.- As parcelas resultantes dan fronte a vía pública; 2º.- as partes resultantes cumpren coa unidade mínima de cultivo establecida pola lexislación agraria; 3º.- dado que a finca a segregar se atopa situada sobre solo calificado como solo rústico, infórmase favorable a segregación solicitada, facendo constar a innecesariedade da obtención de licencia para proceder ó solicitado.

Apórtase polos solicitantes a folla número 181 de características das fincas de reemplazo da concentración parcelaria de Mondoi-Porzomillos, na que se describen os seguintes lindes da parcela xx: Norte, con vía férrea; Sur, fincas 1.. e 1..; Este, fincas 1.. e 1.. e camiño público e Oeste, estrada de Betanzos a A Golada e finca 1... No título consta que esta finca goza dunha servidume de paso permanente de 2,5 m. de ancho, establecida ó longo do lindeiro Oeste, das fincas nº 1..,1.., 1.. e 1.., para o seu servicio, tal como se reflicte no plano adxunto.

Apórtase igualmente plano no que se recolle a proposta de división da parcela xx a escala 1:50, na que se reflicte o camiño que motiva a queixa de D. M., cunha anchura aproximada de 2,70 metros no entronque coa parcela segregada xxx, cuxa titularidade se lle atribúe.


3. Documentación recabada polo Secretario co obxecto de elaborar o informe requerido polo Alcalde como consecuencia dos requerimentos do Valedor do pobo.

No Boletín Oficial do Estado número 199, de 19 de agosto de 1972, publícase a Orde do 10 de xullo de 1972, pola que se aproba o Plan de Mejoras Territoriales y Obras de la zona de concentración parcelaria de Mondoy Porzomillos (La Coruña), pola que o Ministro de Agricultura dispón a aprobación do citado Plan e a clasificación das obras dentro do grupo a) do artículo 23 da Ley de ordenación Rural, de 27 de xullo de 1968, e enncomenda a redacción dos proxectos e a execución das obras incluidas no devandito Plan ó Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario (IRYDA), entre outras disposicións ordinarias de orde executivo.

O Presidente do Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario, con data 15 de outubro de 1974 (rexistro de entrada número 517, do 23/10/1974), acorda facer entrega das obras correspondentes ó proxecto aprobado polo Organismo competente con data 14 de setembro de 1972, denominadas RED DE CAMINOS EN LA ZONA DE MONDOY-PORZOMILLOS (Oza de los Ríos) (La Coruña) e incluidas no Plan de Mejoras Territoriales y Obras de la zona de concentración parcelaria de Mondoy Porzomillos (La Coruña).

Na documentación parcial de que dispoñemos no arquivo histórico deste Concello con respecto á concentración parcelaria da zona de Mondoy-Porzomillos figuran planos do Proxecto de concentración parcelaria por cada un dos polígonos. O que se corresponde ó polígono 2, no que se atopa o paraxe coñecido como a Fraga, figura un camiño de servicio que parte do principal que comunica os paraxes de A Fraga, Avieira e Castrillón e morre nos terreos de dominio público do ferrocarril, sen que exista prolongación en paralelo á vía férrea na colindancia coa finca yy ata a finca xx (en concreto, xxx), tal como se reflicte nos planos que se elaboraron posteriormente e que corresponde ó acordo de concentración.

Nos planos catastrais non se recolle o citado camiño na súa prolongación en paralelo á vía de ferrocarril na colindancia coa finca yy ata a finca xx (en concreto, xxx).

No Plan Xeral de Ordenación Municipal non se recolle en absoluto o camiño citado, nin xiquer desde o seu entronque co principal.

Pese ós ímprobos esforzos do persoal dependente da Secretaría deste Concello, non se atoparon máis antecedentes documentais que poidan explicar as contradiccións e modificación operadas durante o proceso de concentración da zona.

Nos antecedentes do Inventario (en fase de revisión) non existe planimetría específica e descripcións precisas e detalladas do camiño en cuestión.


4.Inspección ocular.

Personado no lugar obxecto desta controversia, observo as seguintes circunstancias:

Partindo daestrada comarcal 840 en dirección Betanzos, desviámonos á dereita por unha pista asfaltada, seguindo a sinal indicadora de Mondoi e no primeiro cruce desta, desviámonos á esquerda por pista igualmente asfaltada, rodeando a paraxe coñecida como Castrillón, en dirección ós denominados A Fraga e Avieira. Detémonos na primeira curva e observamos un paso delimitado entre as parcelas que se identifican como 1..-1 e 1..-2, na marxe dereita, e 1.. e yyy, na marxe esquerda. O citado paso está cuberto de herba semellante á dos pasteiros naturais, desprovista de maleza, sen que existan indicios dunha caixa de explanación nin afirmado, o que fai a primeira vista imposible a súa utilización para o tránsito de turismos. Percorrido o primeiro tramo recto chegamos ás inmediacións da vía do ferrocarril e viramos á esquerda, en paralelo á mesma na colindancia coa parcela yy. A citada parcela está delimitada por una plantación de eucaliptos, existindo uns fitos de ferro chantados na mesma liña das árbores,e que sobresalen menos dun metro desde o chan, sen arames nin outros elementos instalados horizontalmente que impidan o acceso á parcela. Desde a citada liña exterior da plantación ata o borde da “trinchera” que describe o segundo informe do ADIF hai por término medio máis de 4 metros, se ben con un certo desnivel cara a vía férrea. Non se observan indicios de ter existido una caixa de explanación e o correspondente afirmado. Ó remate deste tramo observamos a finca que se identifica como xxx, existindo un considerable desnivel que provoca una solución de continuidade.

A impresión, desde o punta de vista da apreciación ordinaria dun usuario profano é que existe un paso non perturbado nin interrumpido, pero apto exclusivamente para o uso de maquinaria agrícola, non exento de certa perigosidade, ó non existir unha explanación e afirmados correctamente executados.


CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS

1. Procedemento

As actuacións seguidas non se corresponden con ningún procedemento reglado, nin as resolución dictadas fan mención de preceptos normativos que as amparen, salvo a xenérica mención da “reposición da legalidade” que non se adxetiva, sen que poidamos precisar que se seguíu o procedemento previsto na entón vixente Lei 1/1997 para a reposición da legalidade urbanística, procedmento que, por outro lado, non sería axeitado a xuízo deste Secretario.

De calquera maneira e sen prexuízo do maior ou menor grado de acerto no enfoque do asunto desde o punto de vista do procedemento, atopámonos con que no procedemento constan dúas resolución de distinta naturaleza e consecuencias, a saber:

O 12 de xullo de 2002, o Alcalde dicta resolución pola que da por rematado o expediente de reposición da legalidade de plantacións realizadas na finca número 159 de concentración parcelaria sita en Fraga, Mondoi-Porzomillos e que se proceda ó seu arquivo, baseándose exclusivamente no informe técnico emitido o 10 de xullo de 2002. Anque non se menciona expresamente, o Concello parece considerar definitiva esta resolución, tendo en conta o ofrecemento do recurso potestativo de reposición e o contencioso-administrativo, conforme ás disposicións legais que os regulan. Á vista do actuado posteriormente polo Concello e dado que non se iniciou procedemento algún de revisión de oficio, pese a non ser impugnada a resolución polo interesado acudindo á vía ordinaria, parece obvio que en realidade trátase dun acto de trámite cualificado, contra o que igualmente caben alegar oposición polo interesado, que se terá en conta na resolución que poña fin ó procedemento (artículo 107 da Lei 30/1992, LRXePAC) e na que no seu caso resolva os recursos que eventualmente puderan formularse contra aquela.

Tras recabar una serie de informes (Xunta de Galicia, ADIF e técnico municipal)o Alcalde dictou una segunda resolución, o 1 de febrero de 2006, pola que acorda proceder ó arquivo do expediente por carecer o concello de competencias para a adopción de medidas de reposición da legalidade en relación cos feitos obxecto de denuncia, facendo saber ó denunciante que a competencia para resolver as cuestións que prantexa no seu escrito corresponde á Administración do Estado, debendo dirixirse a tal efecto ó Administrador de infraestructuras Ferroviarias. Resolución que indudablemente ten carácter definitivo e firme, ao non ser impugnada polo interesado dentro dos prazos legalmente establecidos e sinalados expresamente no oficio de notificación que legalmente foi practicada.

Tal como se expuxo no apartado de antecedentes, o 30 de xuño de 2008 rexístrase no Concello un escrito de D. M. mediante o que aporta unha comunicación da Delegación de Patrimonio e Urbanismo de Asturias e Galicia do ADIF, datada o 9 de xuño de 2008, que pon de manifesto o seguinte: "tras un nuevo replanteo de nuestros límites en la zona, y después de comprobar que por un error en las referencias tomadas en el primero, hemos llegado a la conclusión de que el camino en cuestión no es titularidad del ADIF, si bien se encuentra dentro de la zona de dominio público ferroviario, que viene definida en el artículo 13 de la Ley 39/2003, de 17 de noviembre, del Sector Ferroviario..." Solicita o Sr. M. que sexa retomada e todos os seus termos a reclamación que se plantexaba no escrito de 29/06/02).

Aínda que o interesado non formula expresa e nominalmente recurso algún contra as resolución dictadas, tendo en conta os principios xerais declarados na Lei 30/1992, que derivan do mandato constitucional que se contén no artigo 103.1 da nosa carta magna e a orientación indudablemente anti formalista expresada en diversas manifestacións do propio texto articulado e recoñecida sen paliativos polo Tribunal Constitucional en numerosas sentencias, debéramos entender que, en realidade, o citado escrito debe ser considerado como un recurso extraordinario de revisión, conforme á regulación que se contén no artigo 118 da Lei 30/1992, na súa redacción según Ley 4/1999, de 13 de xaneiro, que modifica a anterior:

118.1 Contra los actos firmes en vía administrativa podrá interponerse el recurso extraordinario de revisión ante el órgano administrativo que los dictó, que también será el competente para su resolución, cuando concurra alguna de las circunstancias siguientes:
(…)
2. Que aparezcan documentos de valor esencial para la resolución del asunto que, aunque sean posteriores, evidencien el error de la resolución recurrida.

O mesmo artigo sinala que o recurso extraordinario de revisión interporase, no suposto anteriormente reproducido, no prazo de tres meses a contar desde o coñecemento dos documentos. Requisito que se cumpre no presente caso, por canto a comunicación do ADIF está datada o 9 de xuño de 2008 e D. M. presenta o 30 de xuño de 2008 no Rexistro do Concello un escrito aportando a comunicación do ADIF (documento novo) e solicitude de que sexa “retomada e tódolos seus termos a reclamación que se plantexaba no escrito de 29/06/02 e posteriormente reiterada o 29/10/2002” (expresión que, conforme ó espíritu antiformalista da Lei 30/1992, anteriormente posto de manifesto, debera ser interpretada inequívocamente como una pretensión de revisión extraordinaria conforme á regulación que se contén no artigo 118 da mesma).

En todo caso, o Concello non dictou resolución algunha de inadmisión nin resolución da pretensión exposta, polo que, transcurridos tres meses desde a presentación do escrito (coa calificación xurídico-procedimental anteriormente exposta) sen que se dictara e notificara resolución, enténdese desestimado, quedando expedita a vía xurisdiccional contencioso-administrativa.

Deste modo, transcurridos os tres meses sen que se dictara resolución expreso , esto é o 30 de setembro de 2008, comenza o cómputo do prazo para interpoñer recurso contencioso administrativo, conforme ó establecido no artigo 46 da lei 29/1988, de 13de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa:
46. 1. El plazo para interponer el recurso contencioso administrativo será de dos meses contados desde el día siguiente al de la publicación de la disposición impugnada o al de la notificación o publicación del acto que ponga fin a la vía administrativa, si fuera expreso. Si no lo fuera, el plazo será de seis meses y se contará, para el solicitante y otros posibles interesados, a partir del día siguiente a aquél en que, de acuerdo con su normativa especifica, se produzca el acto presunto.
Trascurridos seis meses, a contar desde o 1 de outubro de 2008, sen que se interpuxera polo interesado recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme o artigo 8 da citada Lei, debe considerarse que a resolución non expresa é desestimatoria, definitiva e firme.
O escrito presentado posteriormente polo interesado o 29/10/2002 reiterando as peticións anteriormente formuladas non é susceptible de producir efectos desde o punto de vista do procedemento que xa está esgotado, se ben suscita un interés revisor por parte do Secretario que informa, que non actuou no procedemento anteriormente descrito –certo é que na medida que o permite a carga de traballo derivada da necesidade de resolver en prazo outros procedementos vixentes, nun marco de bloqueo legal de dotación de recursos humáns- desde a perspectiva de considerar a posibilidade de incoar o procedemento adecuado no ámbito da investigación e no seu caso defensa do demanio municipal, unha de cuxas características é precisamente a imprescriptibilidade.

E neste punto, co acicate dos sucesivos requerimentos do Valedor do Pobo, paso ó análise “ex novo” da problemática plantexada, co obxecto de avaliar distintas alternativas que permitan a súa eficaz solución, atendendo ós principios de legalidade, seguridade xurídica e equidistribución de beneficios e cargas, no marco do interés xeral ó que debe servir con obxectividade este Concello.


2. Lexitimidade e posibilidades de actuación municipal.

Para acadar un plantexamento correcto da situación obxecto deste informe, parece conveniente examinar cales son as facultades de que goza a Administración en relación coa zona e o ben indicado. Porén, considero oportuno expoñer antes qué se entende por potestades das Administracións Públicas.

A potestade administrativa siñifica un poder de decidir e actuar atribuido ás administracións públicas, que debe exercerse conforme ás normas e que condiciona situacións xurídicas de outros suxetos sometidos a dita potestade, de tal forma que os afectados dunha situación ou estado abstracto de sometemento ou suxeción xeral a unha situación concreta de obrigados.

As características das potestades administrativas, con carácter xeral, son as seguintes:

- Teñen a súa orixe nas normas xurídicas.

- Son indispoñibles, é decir, non pode transformarse a súa titularidade, aínda cando en determinadas circunstancias poida delegarse o seu exercicio.

- Son imprescriptibles, en canto non se perden co transcruso do tempo.

Estas potestades administrativas están tasadas, o que conleva que as Administracións Públicas únicamente poden facer quelo para o que esté facultada polas normas xurídicas.

As potestades administrativas máis relevantes asignadas ás Administracións Públicas para o exercicio da súa actividade, son as seguintes:

a) A regulamentaria, que atribúe á Administración a capacidade de crear normas xurídicas.
b) A executiva ou de autotutela, que é a facultade de esixir o cumprimento das súas decisións sen auxilio xudicial.
c) A sancionadora ou poder para tratar de evitar conductas alleas por vulneración, incumprimento ou inobservancia das normas.
d) A de aoutoorganización, ou capacidade de decidir limitadamente sobre as súas propias estructuras e organigramas.
e) A expropiatoria, consistente no poder de privación forzosa de bens ou dereitos.
f) A de inspección, pola que se pode comprobar ou constatar o exercicio legal dunha actividade privada.
g) A de deslinde ou reintegro posesorio, consistente na capacidade de delimitar as propiedades públicas e de recuperalas fronte a indebidas apropiacións ou posesións.

O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, no seu artigo 45 atribúe en concreto ós municipios as seguintes potestades en relación cos seus bens:

a. A potestade de investigación.
b. A potestade de deslinde.
c. A potestade de recuperación de oficio.
d. A potestade de desafiuzamento administrativo.

Engadindo no apartado segundo que para a defensa do seu patrimonio e para asegurar a adecuada utilización do mesmo, as Corporacións Locais tamén poderán establecer e impoñer sancións de acordo co previsto na normativa sectorial aplicable.

Potestades que atribúe específicamente o artigo 113 da Lei galega 5/2011, 30 de septembro, á Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 41 da Ley 33/2003, de 3 de noviembre, do Patrimonio das Administracións Públicas (aplicable a todas elas), á Administración Xeral do Estado.

Se estivera probado (o que non consta nas distintas actuacións e documentos que se relacionan no apartado de antecedentes), unha inequívoca apropiación ou grave perturbación, procedería incoar o procedemento de recuperación de oficio, tendo en conta as precisións que seguidamente se expoñen.

O art. 71 do Regulamento de Bens delimita que o procedemento para a recuperación da posesión poderá iniciarse a través das formas previstas no art. 46 do mesmo: de oficio ou mediante denuncia. A recuperación en vía administrativa requerirá acordo previo da Corporación, ao que se acompañarán os documentos acreditativos da posesión, salvo que se trate de repeler usurpacións recentes. Esta facultade de recuperación de oficio constitue un privilexio a favor das Administracións Públicas, que poderán recuperar a posesión dos seus bens por sí mesmas sen necesidade de instalo da autoridade xudicial a través do interdicto de reter ou recobrar, en calquera momento se se trata de bens demaniais (como sostén o interesado no expediente instruido no su día), e sempre que non transcurrira máis dun ano desde a usurpación se se trata de bens patrimoniais.

O Tribunal Supremo tense pronunciado con reiteración sobre o citado procedemento a seguir para a recuperación de oficio de bens por parte das entidades locais, así a STS de 23.3.99 (rec. 6771/1991) sinala que "De lo antes expuesto se desprende que el presente recurso nos enfrenta con un acto en el que la Administración Pública ha hecho ejercicio de la potestad de autotutela conservativa que el ordenamiento jurídico le confiere para proteger la situación de los bienes de dominio público, protección que tiene su expresión máxima en la potestad para recuperar por sí misma, sin necesidad de acudir a la tutela judicial, la posesión de tales bienes si tal posesión ha sido objeto de perturbación o despojo, potestad que ha sido calificada de interdicto administrativo (interdictum propium), y que como tal potestad y no simple facultad, no es de índole discrecional sino de obligado ejercicio, ejercicio además que carece de límite temporal pues puede efectuarse en cualquier momento -dada la imprescriptibilidad del dominio público- (en el mismo sentido STS 22.12.00, a diferencia de la recuperación administrativa de la posesión de los bienes patrimoniales o privados, que sólo puede ejercerse en el plazo de un año desde la ocupación (art. 8 de la Ley de Patrimonio del Estado). Es doctrina jurisprudencial reiterada la de que el ejercicio de esta potestad recuperatoria de los bienes demaniales está sujeto a dos requisitos fundamentales:

1) Demostrar que los bienes usurpados son del dominio de la Administración que ejerce esta facultad, y

2) El uso público debe haber sido obstaculizado por la persona contra la que se dirige la potestad recuperatoria (SS. TS. 2 de junio y 17 de julio de 1987, 2 de junio y 30 de diciembre de 1986; 2 de febrero de 1982, 3 de octubre de 1981)". Del mismo tenor es la STS de 19.6.98 (rec. 9660/1990).

Nesta mesma liña de interpretación insiste a STS de 14.5.2002 (rec. 5886/1995) cando nos recuerda as condicións esixidas para exercer esa facultade recuperatoria por parte da Administración Local:

"La primera de dichas condiciones es, justamente, que el bien objeto de la recuperación no sólo esté previamente identificado sino que haya venido siendo poseído, de hecho, por la Administración municipal en circunstancias tales que resulte acreditado su previo uso público, esto es, su afectación real al concreto destino que justifica la inclusión de dicho bien en el dominio público (en este mismo extremo insiste la STS de 14.10.98, rec. 9300/1992).

La segunda, que es propia de cualquier interdicto, consiste en la existencia de una perturbación de la posesión por parte de terceras personas. Esta circunstancia concurre en el presente supuesto, al haberse variado el uso común previsto para el bien, y destinarse al uso exclusivo del recurrente. No varía esta circunstancia por el hecho de que los vecinos pudieran destinar el inmueble a "lo que tuvieran por conveniente", pues la propia naturaleza del bien, como de dominio público, obliga a entender esta cláusula en el sentido que es propio del aprovechamiento general de los bienes demaniales, que en cualquier caso no se compadece con la utilización privativa por un particular en su solo provecho, que requeriría, cuando menos, el otorgamiento de concesión administrativa por quien ostenta su titularidad.
La tercera condición es seguir el procedimiento previsto en el artículo 71.1 del Reglamento de Bienes de las Entidades Locales, sin que la remisión que en él se hace al artículo 46 pueda ir más allá de las formas de iniciación. En lo demás, los trámites quedan cubiertos por el acuerdo previo de la Corporación y la audiencia de los interesados...".

E aínda máis preciso é o T.S. na súa sentencia de data 3.3.2004 (rec. 6751/2001) cando sinala: "En efecto, conforme el art. 82.a) LRBRL y 44 y 70 RBEL las Entidades locales gozan, respecto de sus bienes, de la prerrogativa de recuperar su posesión en cualquier momento cuando se trate de los de dominio público. Y para el ejercicio legitimo de tal prerrogativa, que se traduce, es vedad, en una medida provisoria orientada a la defensa de la posesión de tales bienes con reserva, en todo caso, a la jurisdicción civil de la determinación definitiva de los derechos de propiedad, basta con la constancia de la condición de demanial del bien que la Administración local trata de recuperar de oficio, sin necesidad de que aquélla tenga que acreditar además la efectividad de una posesión pública del bien que, por lo demás, es inherente al carácter y régimen jurídico del bien que constituye un camino público y que se entiende destinado al uso público (art. 339.1.º Código Civil).

Sólo cuando no hay reconocimiento o constancia de la demanialidad del bien, resulta aplicable la jurisprudencia, a la que parece aludir la sentencia de instancia, según la cual, basta con la acreditación de una posesión pública anterior y la existencia de una usurpación reciente de tales bienes (art. 71.2 del Reglamento de Bienes de las Entidades Locale), sin que la Administración local deba acreditar en sede jurisdiccional contencioso- administrativa la plena titularidad demanial de aquéllos; y ello, naturalmente, sin perjuicio de la acción de quien se crea titular dominical de los bienes sobre los que se ejercita el interdictum propium para reivindicarles ante la Jurisdicción civil, ya que ni la Administración por sí, primero, ni esta Jurisdicción, después, pueden determinar las titularidades dominicales o resolver las cuestiones de propiedad (arts. 2.a) y 4 LJCA)."

E se relevante é a Xurisprudencia que reseña os requisitos esixidos para poder exercitar a citada prerrogativa de recuperación de oficio, non é menos a Xurisprudencia que se pronuncia sobre a competencia da Xurisdicción contencioso-administrativa ó examinar os actos administrativos que exercitan esa facultade recuperatoria. A este respecto recórdanos o T.S. na súa sentencia de 14.10.98 (rec. 9300/1992) que: "Es doctrina reiterada de la Sala (sentencias, entre otras, de 23 de enero de 1990, 15 de octubre de 1997 y 1 de abril de 1998) que la competencia de esta Jurisdicción ha de limitarse a enjuiciar el correcto ejercicio por parte de los Entes Locales de las facultades recuperatorias que se les atribuye por el artículo 82.a) de la Ley 7/85 y los artículos 70 y 71 del Reglamento de Bienes aprobado por R.D. de 13 de junio de 1986, quedando reservada la decisión sobre la propiedad o posesión definitiva de los mismos a los Tribunales de la Jurisdicción civil, por lo que ni la confirmación ni la revocación del acto impugnado han de prejuzgar estas cuestiones, siquiera para dilucidar tanto el carácter presuntivamente público o privado de tales bienes sea preciso analizar en vía contencioso administrativa los elementos probatorios que "prima facie" pudieran configurarlos como de una u otra clase". Nesta mesma liña interpretativa insiste a STS de 9.5.97 (rec. 5354/1991) cando reseña o seguinte: "Corresponde a esta jurisdicción el pleno control de legalidad del referido acto administrativo que acuerda la demolición del cerramiento que, para ajustarse a Derecho, debe encontrar su justificación en el adecuado ejercicio de la potestad administrativa de recuperación de oficio de los bienes demaniales de las Entidades Locales. En efecto, conforme al artículo 82.a) de la Ley Reguladora de las Bases de Régimen Local, Ley 7/1985, de 2 de abril y 44 y 70 del Reglamento de Bienes, aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de junio, dichas Entidades gozan, respecto de sus bienes, de la prerrogativa de recuperar su posesión en cualquier momento cuando se trate de los de dominio público. Ahora bien, tal prerrogativa se traduce en una medida provisoria orientada a la defensa de la posesión de tales bienes con reserva, en todo caso, a la jurisdicción civil de la determinación definitiva de los derechos de propiedad. Consecuentemente, no ejercita la Administración, en este caso, municipal una acción reivindicatoria sino que utiliza una potestad enmarcada dentro del régimen exorbitante de los bienes de dominio público para su defensa posesoria y siempre a reserva de la eventual decisión sobre la propiedad, la titularidad y extensión del dominio público en relación con las propiedades colindantes".

Así, pois, a recuperación en vía administrativa requerirá acordo previo da Corporación, ó que se acompañarán os documentos acreditativos da posesión, salvo que se tratare de repeler usurpacións recentes, e así, cando se recibe a denuncia debe de practicarse proba que acredite indiciariamente a posesión pública, oír aos interesados e despois, no seu caso, dictar o acordo recuperatorio, sen que proceda acordar directamente a recuperación, e requerir que se deixe expedito o uso do ben de dominio público, xa que debe tramitarse o referido procedemento. Neste sentido, sinala o T.S. na sentencia de 11 febreiro de 1998: "el artículo 70 del Reglamento de 13 de junio de 1986 se ha ejercitado de plano y sin seguir el procedimiento administrativo señalado al efecto, puesto que no existe expediente, como no existe la más mínima acreditación de la posesión pública previa, basándose el acuerdo adoptado únicamente en el fragmento de documento tantas veces mencionado, y que no puede formar parte de un Inventario de Bienes, tal como se opone por el Ayuntamiento y se recoge en la sentencia apelada, porque ha quedado demostrado que ese Inventario no existe. Adolece pues el llamado expediente recuperatorio del mínimo elemento de apoyo exigible para acreditar esa previa posesión pública que podría justificar la decisión adoptada según el artículo 70". Sigue engadindo dita sentencia que "la exactitud comprobada de los argumentos anteriores relevan a esta Sala de ulteriores motivaciones, y obligan a la revocación de la sentencia apelada, con la íntegra estimación del recurso contencioso, sin excluir la indemnización solicitada que se determine en ejecución de sentencia, puesto que habiéndose acreditado que el Ayuntamiento de Neila llevó a cabo la ejecución de su acuerdo de recuperación posesoria, procediéndose a la demolición y retirada de la valla instalada por D. julio, no puede dudarse de la existencia de perjuicios materiales inferidos al mismo en cuanto la estimación del recurso ha de comportar la restitución de la posesión de la finca en el estado que mantenía cuando fue despojado de la misma"

Pero á vista dos antecedentes e a documentación contradictoria de que dispón o Secretario informante, non se estima prudente a incoación inmediata do procedemento de recuperación de oficio, polas consideracións que logo se detallan.

3. Titularidade do ben presuntamente usurpado.

Como xa se puxo de manifesto no apartado de antecedentes, no Boletín Oficial do Estado número 199, de 19 de agosto de 1972, publícase a Orde do 10 de xullo de 1972, pola que se aproba o Plan de Mejoras Territoriales y Obras de la zona de concentración parcelaria de Mondoy Porzomillos (La Coruña), pola que o Ministro de Agricultura dispón a aprobación do citado Plan e a clasificación das obras dentro do grupo a) do artículo 23 da Ley de ordenación Rural, de 27 de xullo de 1968, e enncomenda a redacción dos proxectos e a execución das obras incluidas no devandito Plan ó Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario (IRYDA), entre outras disposicións ordinarias de orde executivo.

Como consecuencia da aprobación do citado Plan, o Presidente do Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario, con data 15 de outubro de 1974 (rexistro de entrada número 517, do 23/10/1974), acorda facer entrega das obras correspondentes ó proxecto aprobado polo Organismo competente con data 14 de setembro de 1972, denominadas RED DE CAMINOS EN LA ZONA DE MONDOY-PORZOMILLOS (Oza de los Ríos) (La Coruña) e incluidas no Plan de Mejoras Territoriales y Obras de la zona de concentración parcelaria de Mondoy Porzomillos (La Coruña).

Polas razóns que sexan, non existe, ou non é posible a localización da relación detallada e planos dos camiños que corresponden a ese proxecto aprobado e executado polo IRYDA, e que constitúen o obxecto da entrega referida e a conseguinte transmisión formal do dominio dos mesmos.

A inseguridade xurídica acrecéntase por canto, como xa se indicou no apartado de antecedentes, atopamos nos arquivos planos do proxecto de concentración parcelaria da zona de Mondoi-Porzomillos nos que se reflicte o camiño somentes no tramo recto ata a zona de domicio ferroviario consolidado naquela data.

Pola súa parte, o informe remitido polo Servicio Xurídico Administrativo da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura do 15 de abril de 2003 non é concluinte, xa que simplemente afirma que se trata de camiños "que en su día fueron entregados por la Administración al Ayuntamiento de Oza dos Ríos mediante un Acta de entrega y recepción por las partes". Acta inexistente ou ilocalizable nos nosos arquivos, polo que entendemos debe referirse ó repetido oficio do Presidente do IRYDA do 15 de outubro de 1974. As mencións dos lindes son indiciarias, pero non suficientes para determinar a titularidade do camiño en cuestión, que sin dúbida foi grafiado ó remate do proceso de concentración por razóns que descoñecemos, xa que a finca orixinal, 1.., tiña servicio con acceso rodado polo linde Oeste (estrada de Betanzos a A Golada), e ademáis goza dunha servidume de paso permanente de 2,5 m. de ancho, establecida ó longo do lindeiro Oeste, das fincas nº 1.., 1.., 1.. e 1.., para servicio, tal como consta no título de propiedade e plano adxunto ó mesmo, aportado polos herdeiros do titular no expediente de segregación que se cita no apartado 2 de antecedentes. Parece inicialmente desproporcionado gravar cunha servidume de paso permanente a catro predios se realmente existira a previsión de construcción dun camiño público que garante o acceso á parcela.

Todas as cuestións plantexadas non resultan baladíes, se tomamos en consideración a normativa vixente no momento en que se procede á entrega formal da rede de camiños polo Presidente do IRYDA, o 15 de outubro de 1974.

Cando se publica a Orde do Ministro de Agricultura (BOE do 19 de agosto de 1972) pola que se aproba o Plan de Melloras, tiñan plena vixencia a Lei de concentración parcelaria, texto refundido de 8 de novembro de 1962, modificada pola Lei 54/1968, de 17 de xuño, de Ordenación Rural, disposicións expresamente derogadas pola Lei de Reforma y Desarrollo Agrario, aprobada por Decreto 118/1973, de 12 de xaneiro (Boletín Oficial do Estado, núm. 30 de 3 de febreiro de 1973). De acordo coa disposición transitoria Primeira desta Lei, "Las variaciones que introduce el presente texto legal se aplicarán a los procedimientos en curso sin retroceder en los trámites". Por tal motivo, a repetida norma é citada expresamente no oficio de entrega ó Concello de Oza dos Ríos da rede de camiños da zona de concentración parcelaria de Mondoi Porzomillos como fundamento legal da mesma.

O artigo 81 da Lei de Reforma y Desarrollo Agrario de 1973, de recentísima entrada en vigor na data de entrega da rede de camiños, dispoñía:
1. Las Diputaciones, Ayuntamientos o Entidades locales menores a quienes haya de entregarse la propiedad de algún camino principal, se comprometerán formalmente a consignar en sus presupuestos los recursos necesarios para su conservación.
2. Las obras en los caminos secundarios podrán limitarse a la realización de los trabajos necesarios para su acondicionamiento. Dichos caminos se entregarán a las Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos, quienes se encargarán de su conservación.
As Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos eran organizacións sindicais para a protección e asistencia ós agricultores e os gandeiros mediante un conxunto de organismos de rango local, comarcal, provincial e nacional. Somentes a partir de 1962 e ata 1980 creouse a Hermandad Sindical Nacional. Como órganos inferiores estaban as Cámaras Oficiales Sindicales Agrarias (COSA, entre 1947 y 1977). As Hermandades Sindicales Locales xurdiron a partir de 1944, ó igual que as Hermandades Sindicales Comarcales. Trátase dunha organización resultado directo do Fuero de Trabajo e da obriga de sindicación. Estaban por tanto encadradas dentro de Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista. Encomendábaselle, entre outras funcións, a conservacións de camiños rurais, e como queda establecido pola Ley, debíanselle entregar os camiños secundarios (non principais) acondicionados ou executados nos procesos de concentración parcelaria. Desapareceron como tales entre 1977 e 1980 coa súa transformación en Cámaras Agrarias. En trance de desaparición irreversible, o Patrimonio das Hermandades pasóu a depender das Cámaras Agrarias, organismos dependentes inicialmente do Instituto de Relaciones Agrarias do Ministerio de Agricultura.

En virtude do Real Decreto 1336/1977, de 2 de xuño (BOE nº 142, de 15 de xullo de 1977), polo que se dictan as normas reguladoras das Cámaras Agrarias, creáronse as Cámaras Agrarias Localis, ademáis de determinar que en cada provincia existiría unha Cámara Agraria Provincial.
A Disposición Final segunda do precitado texto normativo dispoñía: “Las Cámaras Agrarias Locales se subrogarán, en su ámbito territorial respectivo, en la titularidad de los bienes y derechos que constituyen el patrimonio privativo de las actuales Hermandades Locales y Comarcales, Cámaras Oficiales Sindicales Agrarias y Hermandad Nacional de Labradores y Ganaderos, manteniéndose, en su caso, la afectación de dichos bienes al fin específico para el que hubieran sido adquiridos o destinados en virtud de una norma legal o cualquier otro título jurídico en vigor.
Las Cámaras Agrarias solicitarán la inscripción a su nombre en el Registro de la Propiedad, de los bienes inmuebles y derechos que figuren adscritos a nombre de las Entidades cuya titularidad patrimonial les corresponda, de conformidad con la subrogación referida”.

Conforme ás competencias recollidas no Estatuto de Autonomía de Galicia, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4 de 4 de maio de 1984, de Cámaras Agrarias de Galicia, modificada por Lei 2/1994, de 18 de xullo, como consecuencia da Ley estatal 23/1986, de 24 de diciembre, por la que se aprueban las Bases del Régimen Jurídico de las Cámaras Agrarias. O artigo 6.C) da Lei de 1984 sinalaba que as cámaras poderían desenvolver funcións, servicios e xestións administrativas que sexan de xeral interés para as comunidades rurais na súa actividade agraria, con carácter indicativo, entre outros, construccións e reparacións de redes de acequias, camiños ou calquera outro tipo de obras de carácter xeral.

Mediante disposicións sucesivas da Xunta de Galicia Decretouse a disolución das cámaras agrarias locais e provinciais, quedando os seus bens e dereitos integrados no patrimonio da Comunidade Autónoma e adscritos á Consellería hoxe denominada do Medio Rural e do Mar.

Na cartografía catastral aparece representado o camiño tal como aparece no Plano correspondente ó proxecto de concentración parcelaria de que se dispón neste Concello.

Na planimetría que integra o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oza dos Ríos, precisamente aprobado definitivamente polo Órgano competente da Xunta de Galicia, unha ves superadas todas as consultas sectoriales previstas na lexislación urbanística, tampouco se reflicte o citado camiño. A tal efecto hai que traer a colación o disposto no artigo 8 do Regulamento de Bens das Entidades locais que establece o seguinte:

1. La alteración de la calificación jurídica de los bienes de las Entidades locales requiere expediente en el que se acrediten su oportunidad y legalidad.

2. El expediente deberá ser resuelto, previa información pública durante un mes, por la Corporación Local respectiva, mediante acuerdo adoptado con el voto favorable de la mayoría absoluta del número legal de miembros de la misma.

3. En cualquier caso, la incorporación al patrimonio de la entidad local de los bienes desafectados, incluso cuando procedan de deslinde de dominio público, no se entenderá efectuada hasta la recepción formal por el órgano competente de la Corporación de los bienes que se trate, y en tanto la misma no tenga lugar seguirán teniendo aquellos el carácter de dominio público.

4. No obstante, la alteración se produce automáticamente en los siguientes supuestos:

  1. Aprobación definitiva de los planes de ordenación urbana y de los proyectos de obras y servicios.
  2. Adscripción de bienes patrimoniales por más de veinticinco años a un uso o servicio público o comunal.
  3. La entidad adquiera por usucapión, con arreglo al Derecho civil, el dominio de una cosa que viniere estando destinada a un uso o servicio público o comunal.

Por todo o anteriormente exposto, considero que a titularidade municipal do Camiño non pode afirmarse categóricamente á vista da documentación de que se dispón nesta Secretaría, polo que sería preciso realizar as xestións necesarias para aclarar este punto de forma indubitada, requerindo o informe exhaustivo e detallado dos órganos competentes da Administración da Xunta de Galicia.

Por canto se trata dunha información que inicialmente pode resolverse coa intervención da Comunidade Autónoma procederáse conforme ó establecido no apartado 1 do artigo 46 do Regulamento de Bens, de modo que se a información proporcionada polo órgano competente resultara suficientemente aclaratoria das características do ben e a súa titularidade suspenderíase o procedemento de investigación e procederíase conforme se sinala no seguinte apartado.


4. Descripción e delimitación do camiño.

A documentación proporcionada pola Xunta de Galicia debera ser suficientemente precisa para coñecer as características constructivas do camiño e a súa delimitación, de xeito que permitira definilo sobre o terreo.

En todo caso e considerando que as evidencias visuais do mesmo no tramo no que se prolonga ata a finca do interesado, D. M., son prácticamente inexistentes, sería preciso o seu deslinde, conforme ó establecido no artigo 56 de seguintes do repetido Regulamento de Bens das Entidades Locais.

A tales efectos, debe terse en conta a necesidade de notificar ós propietarios das fincas colindantes, así como ós titulares de dereitos reais constituidos sobre as mesmas.

No que respecta ós dereitos e facultades que poida ter o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (que igualmente é titular das potestades de investigación, deslinde e recuperación de oficio) sobre as zona de dominio público, compre aclarar o seguinte:

A comunicación do ADIF de 9 de xuño de 2008 que aporta o interesado limítase a declarar un erro no replanteo dos límites na zona e ter chegado á conclusión de que o camiño en cuestión "no es titularidad del ADIF, si bien se encuentra dentro de la zona de dominio público ferroviario que viene definida por el artículo 13 de la Ley 39/2003, de 17 de noviembre, del Sector Ferroviario..."
Dase a circunstancia de que terreos de propiedade privada e bens presuntamente demaniais, con independencia da súa titularidade, subsisten como tales na zona de dominio público ferroviario ó non constar a súa expropiación inicial, pois como ten expresado o Consello de Estado en diversas ocasións, o establecemento dunha zona de dominio público non comporta a demanizalización "ex lege", senon a declaración de utilidade pública a efectos expropiatorios.

Sentado o anterior, resulta imprescindible dispoñer da información planimétrica detallada da porción de terreo dentro da zona de dominio público ferroviario da que é titular o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, ou no seu caso a Administración Xeral do Estado, para delimitar con precisión sobre o terreo o camiño que orixina este conflicto.

De tal modo que debería requerírselle ó citado organismo toda a información necesaria con detalles planimétricos precisos ós fins anteriormente sinalados.


5. Incidencias que propiciaron un desenvolvemento anormal do proceso.

Por canto o presente informe, muy diferente dos que ordinariamente se requiren en procedementos reglados, cumple a triple función de informar ó Alcalde da situación legal do procedemento en cuestión, atender o requerimento realizado polo Valedor do Pobo e propoñer actuacións concretas de cara ó futuro, co obxecto de enfocar o asunto adecuadamente de cara a unha solución eficaz, sólida e perdurable, é preciso identificar unha serie de incidencias que indudablemente influiron negativamente na instrucción e resolución normal do procedemento que orixinou a queixa formulada por D. M. ante o Valedor do Pobo.

Certamente, son apreciacións de mero xuicio que coa maior honestidade profesional poño de manifesto sen ánimo de sinalar culpables, senon de identificar as causas do problema que se me plantexa, coa esperanza de que nos permita articular a mellor solución, harmonizando a indeclinable defensa do interés xeral cos lexítimos intereses dos afectados.

Xa puxen de manifesto que ó meu xuicio o procedemento de elección foi erróneo, poñendo o foco na consecución da reposición da legalidade, esquecendo facer uso das potestades que a lexislación básica de résime local e o regulamento de bens otorgan ás entidades locais con respecto o seus bens, sexa no suposto de presunta titularidade (investigación), no de identidade dubidosa (deslinde) ou no de estricta defensa (recuperación de oficio). Anteriores resolucións declarando a innecesariedade de segregación da parcela a efectos urbanísticos por ser conforme á lexislación agraria por considerar que existe fronte a vías públicas xenéricamente consideradas, sen atender á súa titularidade e naturaleza compromete en certa medida os criterios que posteriormente deben guiar a actuación municipal, xenerándose un alto grado de confusión, senon de aturdimento.

Probablemente o esforzo por recabar antecedentes e información sólida e fiable foi insuficiente, anque deben recoñecerse as graves carencias documentales do proceso de concentración parcelaria, concretamente no que artinxe á relación e planimetría da rede de camiños incluidos no proxecto aprobados, presumiblemente executado e certamente entregado polo IRYDA en 1974.

A contradicción da diferente planimetría do camiño no plano rotulado como proxecto de concentración e o do plano definitivo de concentración, sin explicación documentada algunha e considerando que o primeiro corresponde a unha data próxima á do oficio de entrega da rede de camiños, sigue sendo un misterio por desvelar.

Os distintos criterios empregados para definir os ventos polos que lindan as diversas parcelas lindantes co camiño con respecto á parcela orixinal 1.. constitúe un elemento máis de confusión.

Ó que se engade a planimetría catastral e as ortofotos do SIXPAC que moitos anos despois reflicten o grafiado do proxecto, así como a inexistencia do camiño no PXOM aprobado a finais do ano 2001, poucas datas antes de que se iniciara o consabido procedemento a instancia de D. M.

En canto ós informes remitidos pola Consellería de Agricultura e o ADIF a instancias do Concello, son a todas luces insuficientes e imprecisos e ó meu xuízo non permiten poñer en marcha o procedemento de recuperación de oficio, por carecer o Concello dos elementos que require reiteradamente a xurisprudencia do Tribunal Supremo, según se expuxo detalladamente. A maior abondamento, solo falta unha segunda comunicación do ADIF que contradice a primeira con expresións igualmente categóricas en ámbolos dous casos, pero sen aportar nin un solo dato que as sustente.

Polo que se refire ó interesado no expediente, a pesar da súa tenacidade, en ningún momento fixo uso dos recursos administrativos que se lle ofreceron, propiciando a firmeza das resolucións, incluso a efectos da súa revisión extraordinaria. Debe igualmente salientarse o feito de que desde a hipotética data de construcción do camiño (antes de 1974, xa que de outra maneira non podería ser entregado) ata o ano 2002, coincidindo coa segregación das parcelas que ata esa data tiñan servicio como parcela única polo linde Oeste, non exista reclamación algunha sobre o estado do camiño en cuestión o que reforza a tesis da súa escasa ou nula utilidade pública ata esa data e a impresión visual, sin prexuício de informes técnicos ou testemuñas que o aclaren, de que difícilmente pudo existir en algún tempo unha verdadeira explanación e afirmado coas condicións técnicas mínimamente esixibles.

6. Conclusións e proposta de actuacións.

Como consecuencia da exposición anterior, podemos extraer as seguintes conclusións:

1. A resolución que pon fin ó procedemento tramitado a instancia de D. M. por presunta usurpación ou grave perturbación do camiño que da servicio á parcela xxx, da súa propiedade é firme, sen que poda sustanciarse recurso algún contra a mesma.
2. Non é posible recoñecer nesta data a delimitación física do citado camiño, polo que, consecuentemente, non é posible establecer a existencia de usurpación ou perturbación in a súa autoría.
3. Non existe documentación que permita atribuir inequívocamente a titularidade municipal nin a naturaleza demanial do camiño.
4. Non se dispón de documentación que precise a porción do dominio público ferroviario que é titularidade do ADIF.
5. Considerando o estado actual do suposto camiño, se se afrontara a súa reposición e condicionamento unha vez despexadas as dúbidas anteriormente expostas, requeriría a redacción dun proxecto técnico que defina as obras necesarias e o presuposto de execución necesario.
6. Se resulta acreditada a titularidade pública e a naturaleza demanial do ben obxecto deste informe, o mesmo gozaría de imprescriptibilidade, podendo incoar un novo procedemento dirixido á súa recuperación de oficio.
7. Debera interesar a todos os afectados, tanto particulares como Administracións Públicas, como pode deducirse do exposto no apartado de incidencias, chegar a unha solución definitiva que evite futuros litixios e discusións perxudiciais para os intereses públicos e privados concurrentes.

Desde o punto de vista da estricta legalidade, corresponde incoar os procedementos anteriormente indicados para a investigación e no seu caso deslinde do camiño en cuestión. En tal sentido o Alcalde deberá requerir os antecedentes documentais e gráficos necesarios e suficientes da Administración da Xunta de Galicia e do Estado, expoñendo con precisión o obxecto e a finalidade de tales requerimentos.

Se prexuício do anterior e no marco da legalidade vixente suxírese que conforme ás facultades que lle confire o artigo 21 da Lei 7/1985, LBRL inicie simultáneamente unha negociación coas partes interesadas ou afectadas para acadar unha solución mediante convenio, que deberá ser sometido a información pública antes da súa eventual formalización, como instrumento eficaz para unha distribución equitativa dos beneficios e os custos e unha maior celeridade na resolución do problema plantexado.
Este é o meu informe, que someto a calquera outro máis autorizado e o criterio dos órganos municipais competentes.

Oza dos Ríos, 7 de marzo de 2013.

O Secretario,

Celestino J. Amigo Liñares

No hay comentarios:

Publicar un comentario