miércoles, 3 de noviembre de 2010

REBOBINANDO (2). AMAL 2010




A primeiros do mes pasado recibín unha invitación conxunta do Presidente da Fundación Araguaney, Galeb Jaber Ibrahim, e o Director do Festival de Cine Euro Árabe, Galeb Jaber Martínez, para acudir á gala de calusura da VIII edición de Amal.
Despois de sete edicións ig
norando este evento, decidín confirmar a miña asistencia e alí me plantei o pasado sábado, ás oito da tarde-noite no Teatro Principal de Santiago. Verdadeiramente mereceu a pena asistir, pese a estar aínda lixeiramente convalecente.


Tras comprobar a miña identidade na porta, unha amable azafata amosoume a butaca reservada, na planta baixa do teatro. Tocoume na fila quinta. Saudei a algúns coñecidos e observei o ent
orno do meu emprazamento: Diante, os concelleiros Mercedes Rosón e Vaqueiro, charlando animadamente. Un pouco máis á esquerda o célebre periodista, actor de doblaxe e presentador Elías Rodríguez, que comenzou a finais dos 50 en Radio Xuventude, pasando por Radio Nacional e outros medios, e acabou creando unha empresa de publicidade, sonorización e doblaxe; Elías é un pouquiño máis novo que o meu finado pai, e xa ten presentado actuacións do que escribe, nas xornadas de folclore, canto eu "militaba" en Cantigas e Agarimos, entre outros eventos. Detrás, o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, célebre polo "Desván de los Monjes", dito sexa sen ánimo de mofa nin menosprecio; ó seu carón o Alcalde Bugallo, que non paraba de falar e facerlle preguntas ó Embaixador de Palestina, Musa Odeh, situado á súa dereita, lucindo un poblado mostacho canoso que contrastaba coa súa tez escura. Un pouco máis arriba e máis calado que o Alcalde, o concelleiro Conde Roa, xefe da "leal oposición" no Concello de Santiago. Dúas filas máis adiante, Galeb, visiblemente satisfeito e emocionado (máis tarde soubemos, por boca de Galeb fillo, que acaba de ser abuelo).

Entereime, durante o tempo que os invitados tardaron en acomodarse, de que o nivel do festival está subindo considerablemente de ano en ano. Nesta última edición, entre outros, participaron a directora xordano-palestina Dima Ha
mdan, que ten participado en festivales como o Cambridge Film Festival e o Palestine Film Festival de Boston, e o iraní Sharman Alidi, premiado na Semana da Crítica de Cannes 2009. Precisamente, "O mensaxeiro", deste último, resultou película gañadora deste festival, na categoría de mellor largometraxe de ficción. Ademáis, o seu protagonista, Omar Chawshin, foi galardonado co premio á mellor interpretación. En canto ó galardón á mellor directora, foi compartido por Elia Suleiman e o seu filme "O tempo restante", e Michel Kheifi coa película Zindeeq.

Presentou o acto a coñecida presentadora da TVG, Nelly Fernández, sobriamente elegante, cunha perfecta dicción e un maravilloso sentido do "tempo" e do ritmo; non vos podedes maxinar como o agradecemos os que estamos máis que fartos de actos que, aínda sendo obxectivamente curtos, fanse soporíferos e, consecuentemente,
interminables. Por certo, a megafonía un dez. Non sei se foi responsabilidade directa de Galeb ou da empresa de Elías, que se faga cargo da miña gabanza aquel a quen lle corresponda. Colaboraron con inestimable sobriedade nas intervencións todos os persoeiros que entregaron os galardóns e os propios galardonados que, por certo, expresáronse maioritariamente en francés. Un aplauso tamén para a oculta traductora. O formato, moi parecido ós premios Goya, pero en pequeno.

Ó remate, un descubrimento musical que me deixou encantado: o grupo Umeya. Umeya é un grupo multiétnico, formado por músicos procedentes de África eoriente Próximo. Fantástico sonido, ritmos e melodías intrincadas e sorprendentes. Simpatiquísimo o seu líder, Wafir, orixinario do Sudán e que xa leva moitos anos en España, fuxindo da guerra civil naquel país. Tocou especialmente ben o laúd, unha flauta de caña "de cuyo nombre no puedo acordarme" e o acordeón. Da percusión encárgase o sirio Salah, un veterano de guerra afincado en Madrid, que é capaz de entreter sen necesidade de instrumentos melódicos que o acompañen. Cantou tres cancións de antiquísimo orixe unha etíope "de cuyo nombre tampoco puedo acordarme", cun espectacular , elegante e precioso vestido blanco con filigranas de pedrería; pola súa pose inperturbable parecía a raíña dunha tribu exótica das películas de aventuras do vello Holiwood. Pero se a música resultou sorprendente, a todo o mundo deixou boquiaberto e flotando a bailarina Mónica Sadeh, especialmente cando executou a danza do sable, unha interpretación nunca vista, difícilmente soñada e sin dúbida algunha, inesquencible. A serpe feita carne de muller. Pensei que si así bailaba a mítica Salomé, resulta explicable que Herodes Antipas lle concedera o premio que desexara.

Rematado o acto, as fotos de familia e os aplausos de rigor antes dos pinchos. Por certo, moitos nos preguntamos se unha especie de albóndigas serían de carne de porco. Non o creo. Mañá seguimos co capítulo 3 de rebobinando. Monterroso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario