viernes, 5 de noviembre de 2010

REBOBINANDO (3). MONTERROSO

Vintecatro anos desde a última vez que fun á Feira de Santos en Monterroso, daquela inmerso nunha cuadrilla de Paradela, a mesma que me axudou para chantar a semente da Primeira Festa da Castaña, evento que xa non deixou de celebrarse ata hoxe, mellorando constantemente, según me contan os meus informadores e confirma o amplio despliegue publicitario e organizativo, consecuencia de recursos moito máis poderosos que o mero entusiasmo.

Cantaba Jorge Cafrune que "cuando se pierde una huella, siempre se la halla en el tiempo". Protocolariamente e por razón do cargo coñecín naqueles tempos ó rexedor do Concello de Monterroso, un resistente da extinta e suicida Coalición Galega, os da piña, un home sumamente agradable que por aquel entonces tería a idade que eu hoxe disfruto e que me parecía o que comunmente chamamos un home "maduro" (sempre está ben a vella apreciación que reza: "¿comparado con quén?" Eu, comparábao conmigo). Pasado o tempo comencei a entablar unha discreta e cautelosa amistade cun suposto compostelán, pausado nas formas, irónico no proceder e do que se adivina que é potencialmente perigoso cando hai que tomarse as cousas en serio. Falando e falando resultou ser fillo daquel Pereiro que eu coñecera e, como íl, chamábase Luis. Entre unha cousa e outra, a confianza foi aumentando prudentemente (como soe suceder entre os homes enteiros) e chegado o momento acordou que ben podía ser que participara nun xantar que organizaba co gallo da lexendaria Feira de Santos, edición 2010. Algúns pseudo historiadores apaixoados da zona aseguran que xa se celebraba hai 800 anos, e avalan a súa categórica afirmación con mil argumentos incontestables e incontrastables. Eu non vou discutir tan fundamentada afirmación, para mín abonda con que se siga celebrando e disfroitando.

Luis, o "maduro" dos anos oitenta, foi o impulsor da restauración e dotación de infraestructuras da área recreativa de A Peneda, no entorno do Río Ulla, e así o recoñece un cartel no arco de acceso á mesma na colindancia coa pista que a separa dos montes veciños, moi preto do territorio de Antas de Ulla (por certo, algún gracioso, por non decir outra cousa, ocupouse de arrincar do cartel as dúas últimas letras do vodablo "Peneda", alo menos así o vin o luns pasado). Teño que decir que o resultado é unha maravilla, que hoxe pode disfroitar todo o mundo e según afirma Luis, "o maduro" do 2010, no verán ten pouco ou nada que envexarlle ó mesmo Sanxenxo.

Percorrín a Feira, abarrotada de xente pese as inclemencias climatolóxicas, anque debo reseñar que á unha e media as carpas e tabernas típicas de pulpo estaban un tanto valeiras, síntoma inequívoco da crise que atravesamos.

Xuntámonos vintecatro a xantar (tantos como anos hai que non viña por esta bendita terra), boa parte deles xa coñecidos por mín. Os novos, Jorge I, Emilio, Jorge II, Santi, Celia (fermoso nome, cada vez máis escaso), Mari Luz, Isabel, Marieta, Pencha (por certo, que me dixeron que te acaban de galardonar co premio Castelao) e Victoria. O xantar, como corresponde a tal ocasión, sumamente orixinal: pulpo e callos. Os postres, abundantes e variados; queixo fresco da terra, doce de membrillo caseiro, roscas de San Luis... interesante a xalea de corazón de membrillo elaborada por Victoria e a torta de flan parisiene, de orixe descoñecido.

Os muiños, a carón da área da Peneda, fabulosamente restaurados, correxidos e ampliados; o lume da chimenea, unha necesidade acuciante e un remedio encantador; os camiños, os patios e os xardíns, exquisitamente coidados por mans de orixe tan descoñecido como o da torta parisiene, e o entorno, obra dun Deus que algún día tivo bo gusto, insuperable, a pesar da tozudez do aire gris que non conseguíu arrebatar ó maxín a insinuante melodía cromática do lugar.

Como xa perdín boa parte da miña espontaneidade e arroubamento, agardei silandeiro e reservado ata que alguén dixo que a próxima sería en Esteiro, espero que non inclúa a típica travesía en barco, porque si é así xuro que levo a miña piragüa inchable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario