lunes, 14 de junio de 2010

INFORME: SEGREGACIÓN SEN AUTORIZACIÓN

-->
      Expoño o seguinte caso, que se nos plantexou hai pouco no Concello e a solución que lle deu o autor, por se resulta de interés aos profesionais do mundo municipal. Decir que a persoa interesada non tivo problema algún á hora da súa inscripción no Rexistro da Propiedade.
    
  CASO: Segregación acutorizada notarialmente sen esixir autorización municipal ou declaración de innecesariedade, cando legalmente era precisa.

SÍNTESE DO INFORME DO SECRETARIO.-------------------------

ANTECEDENTES:
 
1.- O xx de xxxxxx de 1994, Dª......... e demáis herdeiros outorgaron escritura pública de “Aprobación e protocolización de operacións particionais do caudal hereditario de D. ............”, autorizada polo Notario de Betanzos D. ............., baixo o número ......... do seu protocolo.
2.- Nas citadas operacións particionais, dividiuse a finca número ..... do Plano Xeral de Concentración Parcelaria, de 73 áreas e 30 centiáreas, igual a xxxx m2, en tres parcelas: P1, cunha superficie de xxxx m2; p2, cunha superficie de xxxx m2 e p3, cunha superficie de xxxx m2.
3.- Polas diversas razóns de índole privada non se procedeu instar a oportuna inscricpión da segregación no Rexistro da Propiedade ata o ano 2009, aportando a solicitante Comunicación do Rexistro da Propiedade de Betanzos, referida ó número de entrada xxx do citado ano, Astº xxx Dirario xxx, na que se advirte de que “non consta no documento a concesión da licencia urbanística para segregar ou dividir, ou no seu caso, a certificación de innecesariedade de licencia”.
4.- Revisados os rexistros e antecedentes documentais existentes neste Concello, resulta acreditado que tal licencia non foi solicitada polos interesados en ningún caso.
5.- O Concello de Oza dos Ríos carecía nesa data de instrumento de planeamento xeral, resultando de aplicación as Normas Subsidiarias Provinciais,aprobadas por Orden da COTOP de 3 de abril de 1991, en concreto a “Ordenanza reguladora do solo non urbanizable de protección agropecuaria”, por incluir áreas que foron obxecto de concentración parcelaria.
6.- No Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oza dos Ríos vixente, está incluida en solo rústico de protección agropecuaria.
Deste xeito, compre analizar a legalidade vixente naquela data, co obxecto de determinar a resolución que correspondería dictar ó órgano municipal competente, tendo en conta que o procedemento que se instrúe co obxecto de autorizar as segregacións ou, no seu caso, declarar a súa innecesariedade, é de naturaleza estrictamente reglada, de xeito que non cabe a posibilidade de contemplar resolucións dicrecionais.
 
FUNDAMENTOS DE DEREITO:

O réxime legal de aplicación na data en que se produce a protocolización reseñada en escritura pública, está constituido pola seguinte normativa, da que se extraen sintéticamente os fundamentos legais de aplicación:
1- Real Decreto Lexislativo 1/1992, art. 257, en relación co 259.
2- Lei 11/1985, de adaptación da do solo a Galicia, art. 40.4, que sinala que a parcela mínima esixible en solo non urbanizable non sería inferior á unidade míonima de cultivo establecida pola lexislación agraria.
3- Normas Subsidiarias Provinciais. O artigo 24.8.B, establece unha parcela mínima en solo non urbanizable de protección agropecuaria para os Concellos da Área 1 (nos que se inclúe o de Oza dos Ríos), de 2.000 m2.
4- En calquera dos casos, o marco normativo vixente esixe licencia de segregación sempre que se pretendan usos edificatorios (segragación urbanística “stricto sensu”) e non cando é unha segregación típicamente agraria, exención que se substitúe a efectos das operacións notariais e rexistrais pola certificación municipal da innecesariedade dda licencia.
5- Á vista do cuaderno particional que se protocoliza notarialmente, parece claro que a finalidade non é outra que a de inventariar e realizar as operacións particionais do caudal hereditario, sen que exista ningún indicio que permita supoñer finalidades urbanísticas.
6- Deste xeito, debemos comprobar si as parcelas segregadas resultantes teñen unha superficie superior á que corresponde á unidade mínima de cultivo definida na lexislación agraria.
7- A derrogación da Lei de 15 de xullo de 1954, sobre fixación de unidades mínimas de cultivo, pola Lei de Reforma y Desarrollo Agrario, aprobada por Decreto 118/1973, de 12 de xaneiro, así como a falta de desenvolvemento do artigo 43 desta última, levaron á aplicación en Galicia dunha Orde do Ministerio de Agricultura de 27 de maio de 1958, segundo así se estableceu na Instrucción 4/1985, de 23 de novembro, da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas; criterio que posteriormente foiincorporado ao Decreto 330/1999 sobre unidades mínimas de cultivo. Segundo esta normativa a unidade mínima de cultivo no Concello de Oza dos Ríos era de 2.000 metros cadrados, tanto para secano como para regadío.
8- A concentración parcelaria da zona de Santa María da Regueira (Oza dos Ríos) foi declarada de utilidade pública e urxente execución polo Real Decreto 1151/1981, do 8 de maio, e polo tanto enmarcada xurídicamente no ámbito de aplicación da Lei de Reforma y Desarrollo Agrario, sen prexuicio das transferencias do Estado das funcións e servicios propios desta materia á comunidade Autónoma de Galicia.
9- A Lei 10/1985, de Concentración Parcelaria de Galicia somentes ten incidencia sobre o que a lexislación estatal definía como parcelas sobrantes do proceso de concentración, sen que afecte ó resto do proceso, cuxas Bases definitivas e Proxecto, foron aprobados con anterioridade á vixencia da norma autonómica.
10- O párrafo 3 do artigo 259 do Real Decreto Lexislativo 1/1992,de 26 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Ley sobre el Régimen del Suelo y Ordenación Urbana, vixente na data de autorización da escritura pública outorgada por Dª xxxxxx e demáis herdeiros, establecía literalmente o seguinte: “Los Notarios y Registradores de la Propiedad exigirán para autorizar e inscribir, respectivamente, escrituras de división de terrenos, que se acredite el otorgamiento de la licencia o la declaración municipal de su innecesariedad, que los primeros deberán testimoniar en el documento”. Esixencia que, según queda acreditado, non lle foi requerida á interesada, que presumiblemente exercitou o seu dereito conforme ós principios de boa fe e confianza lexítima.
11- A segregación anteriormente descrita foi efectivamente practicada e autorizada mediante escritura pública, podendo legalmente naquela data acceder ó Rexistro da Propiedade, cos beneficios de protección, seguridade e publicidade propios desa institución.
Á vista de todos os antecedentes e fundamentos que anteriormente se recollen, o Secretario que suscribe proón á Xunta de Goberno Local a adopción dos seguintes acordos:
Primeiro.- Declarar que ERA INNECESARIA A LICENCIA MUNICIPAL o 22 de agosto de 1994, en que Dona XXXXX e demáis herdeiros outorgaron escritura pública de “Aprobación e protocolización de operacións particionais do caudal hereditario de D. xxxxxxx”, autorizada polo Notario de Betanzos D. xxxxxxxxxxx, baixo o número xxx do seu protocolo, e respecto á división da finca número xxx do Plano Xeral de Concentración Parcelaria de Santa María de Regueira, de xx áreas e xx centiáreas, igual a xxx m2, en tres parcelas: x-1, cunha superficie de xxx m2; parcela x-2, cunha superficie de xxx m2 e parcela x-3, cunha superficie de xxx m2.
Segundo.- Notificar o presente acordo á interesada aos efectos de proseguir o procedemento de inscripción no Rexistro da Propiedade de Betanzos.
Terceiro.- Facultar ó Alcalde para dictar as resolucións complementarias que no seu caso resultaran necesarias según o xusto criterio do Rexistro da Propiedade citado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario