viernes, 17 de febrero de 2012

CARNAVAL - Carrus navalis, Carne levare, Carnes tolendas - ANTROIDO


      Unha das características que conforman a idiosincrasia da colectividade de Oza dos Ríos, según teño oportunidade de comprobar de cote, é a frescura e bo humor das súas xentes.

            Xa no ano 2009, poucos meses despois de "aterrizar" nesta terra, tiven ocasión de comprobar esa peculiaridade con motivo da excursión que os Autónomos fixeron a Toledo. Daba a impresión de que os de Oza coñeceran aquela cidade de sempre. E igual en todolos sitios nos que paramos: Toro, Rueda, Astorga... sempre se podía adiviñar onde se atopaba calquera dos grupos da excursión polo bullicio, as risas e incluso os cantares. Eu decíalles: vos non parecedes turistas, parecedes invasores...

          Esta mañán cheguei ó meu despacho como todolos días e, xusto despóis de rematar a rutinaria tarefa de lectura de correspondencia e Diarios oficiais, recibín a visita dunha simpática e servicial enfermeira que viña vacunar ó persoal como medida preventiva contra os clásicos excesos propios do Carnaval. Tardei uns momentos en darme conta de que a enfermeira non era outra que a nosa compañeira Kika. Rimos todos de boa gana a ocurrencia e eu pedinlle a José Varela, o noso "Delineante Multiservice",  que nos sacara unha foto.Tampouco o Alcalde, que chegou pouco despois, quixo perder a oportunidade de retratarse para a posteridade.
         Xa vedes que pese a todo, ímolo levando, porque non hai mellor vacuna contra os recortes, a conxelación e os negros augurios que unha boa dosis de bo humor e entusiasmo nun entorno de convivencia harmoniosa ou, como se di actualmente, de "buen rollo".
         Bo antroido para todos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario