lunes, 19 de julio de 2010

MERECIDA HOMENAXE

O Museo do Pobo acolle a homenaxe a un dos nomes senlleiros da música tradicional galega

O recoñecemento público de hoxe ao gaiteiro Juan Bello Mallou -ás 12.30, no auditorio do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela-
FOTO: Xoán Ramón Marín

tendencias@elcorreogallego.es

Bello Mallou, nceu en 1925, en Casas Novas, Santiago. Aos 14 anos comeza a súa andaina como gaiteiro en festas e romarías, tocando por primeira vez nas festas de Santa María de Grixoa, como compoñente do grupo Os Enxebres. Refreixo das Casas Novas. En 1945, con 20 anos, ingresou na Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, da que formou parte durante 56 anos, sendo a súa última actuación como gaiteiro no ano 2001. En Cantigas formou grupo con outros mestres da gaita e da música tradicional galega como Basilio Carril Fernández -integrante, canda el, dun dos máis recoñecidos dúos de gaitas de Galicia-. Acadou importantes premios musicais, entre eles a Medalla Marcial del Adalid da Real Academia de Belas Artes, e ten levado o son da súa gaita -nunha ocasión, en Ferrol, fíxoo á beira de Xavier Cugat-, aos principais escenarios de Europa e América.

Coñecín a Juan na época en que formei parte da Agrupación Cantigas e Agarimos, polo ano 1980. Sempre foi unha persoa especialmente apreciada por todos os componentes do grupo, debido á súa sencillez, desprovista completamente de vanidade ou soberbia; a súa honradez como músico e compañeiro; a bondade e tenrura do seu carácter, que transmite ó son extremadamente doce que caracteriza a súa peculiar forma de arrincar sentementos da cerna do buxo que bica e acariña.

Outra característica de Juan é que nunca desmerece a outras persoas. Recordo unha anécdota que demostra a discreción e natural diplomacia de Mallón:

Corría o ano 1980 e desde Barcelona o entonces director da Asociación Toxos e Xestas, Xosé Luis Foxo, despois Director da Real Banda de Gaitas da Diputación de Ourense, convocou un Concurso Nacional de Gaita Galega, na que casi todolos grupos que se inscribiron eran de Galicia.

Meus bos amigos e compañeiros de escola e de andanzas, Alejandro Cadarso e Manolo L. Outeiral, formaron un cuarteto e inscribíronse no concurso. A causalidade quixo que o responsable de tocar o bombo caera enfermo. Sin dudalo un segundo propúxenlles que me deran un curso intensivo e acelerado de tal instrumento e eu ocuparía o seu lugar. Así foi e o día previsto pola organización arrincamos cara Lugo, cidade na que se xuntaba un autocar coas bandas de A Coruña e Lugo con outro que traía ás de Ourense e Pontevedra. Juan Mallón iba co seu propio caurteto, en calidade de invitado de honra. Como atraccións para os entremeses do concurso viaxaban con nos Carlos Díaz "O Xestal" e o grupo "A Roda". Todo o viaxe foi unha constante demostración e intercambio de pezas de gaita. Lembro que o grupo Os Rosales, de Asados (Rianxo), facían a presentación dunha versión da Muiñeira de Chantada con armónicos en segunda; exhibía unha maxistral interpretación da Muiñeira anterga o mítico Francisco Paradela, que finou o pasado ano con máis de 100 anos de idade; igualmente viaxaba con nós o fabricante de gaitas Seivane, pai da famosa gaiteira Susana Seivane.

Nós, que xa coñecíamos a Juan de Cantigas e Agarimos, pedíamoslle a súa opinión sobre uns e outros gaiteiros e Juan destacaba unhas ou outras cualidades e peculiaridades de cada un deles. Nun momento dado preguntoulle Alejandro que lle parecía certo gaiteiro, sobre o que non tíñamos formada unha opinión clara. Juan dixo que non podía opinar sobre se era bo ou mal gaiteiro, porque nunca o vira tocar coa gaita afinada. Ironía elegante e discreta que define perfectamente o seu carácter sempre conciliador. Noraboa, querido amigo, seguirémoste escoitando de cando en cando no Mesón de Lermo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario