jueves, 1 de julio de 2010

OZA DOS RÍOS, NÚCLEO SOSTIBLE


O concello de Oza dos Ríos converteuse en Núcleo Sostible a finais do ano 2008, tras ser escollida a súa proposta de desenvolvemento sostibile de entre mais de 50 candidaturas de outros tantos concellos galegos. Tan só 10 concellos de todo Galicia teñen este recoñecemento. Naceu así o Plan Integrado de Sostibilidade Local do Concello de Oza dos Ríos.

En Galicia o proxecto de Núcleos Sostibles é impulsado dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, concretamente pola Dirección Xeral de Desenvolvemento e Paisaxe.

Das numerosas e diversas definicións que se teñen formulado sobre o que debe ser un desenvolvemento sostible, todas coinciden en dous criterios: equilibrio entre desenvolvemento socioeconómico e respecto polo medio ambiente, e preservación dos recursos fronte á súa degradación e/ou esgotamento. O Cumio da Terra de Rio de Janeiro adoptou estas premisas elaborando a Axenda 21, un programa de acción para este século que senta as bases dun modelo de desenvolvemento sostible como obxectivo global. Para cumprir estas expectativas a nivel mundial, propón a actuación a nivel local por ser a unidade política máis pequena e próxima ao cidadán, e onde éposible introducir asemade como criterio clave o consenso, que debe emanarda participación dos cidadáns, organizacións locais e empresas privadas. Xurde deste xeito a implantación da Axenda 21 Local como instrumento deplanificación que, asumindo a realidade de cada localidade e a través daparticipación cidadá, indique o camiño do desenvolvemento local pola vía dasostibilidade.

Miles de entidades locais teñen abordado este procedemento en todo o mundo, integrándose a cotío en asociacións ou programas de carácter supralocal, ou mesmo internacional (das Redes autonómicas de municipios aoInternational Council for Local Environmental Initiatives, ICLEI).

O Plan Integrado de Sostibilidade Local será o instrumento básico dedecisión nas actividades de goberno do concello, onde se sentarán as bases dun proxecto a longo prazo, definindo liñas de acción específicas que coordinen os recursos e esforzos provenientes das distintas Administracións públicas e das diversas áreas de goberno municipal para satisfacer todalas necesidades comúns, estruturais ou innovadoras. Para adaptar as súas propostas aos cambios e movementos no tempo, de acordo coas condicións políticas, económicas, sociais e tecnolóxicas de desenvolvemento, conterá indicadores de seguimento sobre os resultados, sempre contando coa participación dos axentes sociais e económicos.Os municipios ou entidades locais nos que se leva a cabo esta acción recibiron a denominación de “Núcleos de sostibilidade”.

Desde aquí quero felicitar a María Naveira, Técnica de Medio Ambiente, pola fantástica labor profesional que está a desenvolver no recentemente creado Departamento de Medio Ambiente.

Reproduzo un exeplo da seu orixinal enfoque dos diversos asuntos, referido, neste caso, á xestión de residuos:

Sexamos prácticos

Nos sucesivos apartados desta páxina tes información sobre os residuos que se están a recoller no Concello de Oza. Poderás informarte sobre qué debemos botar en cada contenedor, como se segregan os residuos e ónde están os puntos de recollida en Oza.

Poñamos por exemplo unha situación cotiá: "É mércores ás 13:15- hora do xantar en Oza. A Maruja véñenlle a comer os fillos. Hoxe toca caldo de repolo e tortilla pero a Secundino o repolo séntalle mal, así que Maruja faille uns chorizos no lume cunha berza e papel de alumnio. Secundino, que é o maior, gusta de tomar unha cervexa coa comida. Sin embargo Manolo é mais de viño, así que remata o fondo dunha botella que tiña aberta de fai dous días ¡non se vaia a perder!. En vinte minuto xa remataran de comer e mentres toman un café con galletas esperan a que den o Tempo na Galega para irse a traballar. Secundino, que dí que está a dieta, toma unhas mandarinas de postre. Mentres tanto Maruja aproveita para ir recollendo porque quere acabar rápido para ver tranquilamente Amar en tiempos revueltos. Dase conta de que no lume quedou un cacho de papel albal e pídelle a Manolo que que llo saque: quere a cinza limpa para ciscala pola leira, disque lle ven moi ben. Unha vez dito esto sale ó galiñeiro a darlle os restos de comida ás galiñas. Pola súa parte Manolo en lugar de coller o ferro da cociña colle o primeiro que lle cadra para sacar o trozo de papel alumínico de entre a cinza quente: unha percha de plástio que Maruja tiña pendiente de gardar. Ó sentarse de novo Manolo tira o vaso vacío de viño, que escacha no chan e Maruja, que viña de volta de darlle uns restos ós micos, bótalle un berro por patoso, por vago e porque lle destrozou una percha."

Os residuos que quedarían tras esta xornada serían os seguintes:

Restos de comida, Aceite de friti-las patacas, Servilletas de papel (é mellor usalas de tela, pero ese día estaban todas a lavar), Palillos, Papel de aluminio, Lata de cervexa, Botella de viño, Corcho da botella de viño, Caixa de cartón de galletas, Plástico dos paquetes de galletas, Pelas de fruta, Posos de café, Cinza contaminada de plástico, Percha da roupa medio esbandallada, Varredura da cociña, Trozos do vaso roto.

¿En qué contenedores deberías verter cada un dos residuos deste exemplo?

Si xa sabes a resposta: ¡¡NORABOA!! Eso é que estás ben informado. Pero ás veces dubidamos sobre ónde debemos botar cada cousa. Como ninguén nace aprendido, nesta páxina presentámosche algunhas recomendacións que poden soluccionar as túas dubidas: consulta a información sobre cada residuo nos seguintes apartados. (Atoparás a solución deste caso práctico no último deles).

Para comenzar dámosche unha pista: En Oza temos os seguintes tipos de recollida:

A) Contenedores na rúa:

+ IGLÚ VERDE + CONTENEDOR AZUL + CONTENEDOR AMARELO + CONTENEDOR GRIS-LARANXA OU VERDOSO + COLECTORES DE ACEITE DE COCIÑA

B) Contenedores en lugares e dependencias públicas

+ PILAS + ACEITE DE COCIÑA

C) Punto Limpo:

+ RESIDUOS PERIGOSOS (fluorescentes, aceite de motor, filtros, disolventes, produtos fitosanitarios, toner, pilas, baterías ...)

+ RESIDUOS NON PERIGOSOS (voluminosos, madeira, escombro, chatarra, electrodomésticos, ....)


No hay comentarios:

Publicar un comentario